0

Górgola Brut Nature

€39,99
Precio incluido IVA (19%) €6,38
En existencias: 3 disponibles
Información del producto

Cabana das Bolboretas formouse como proxecto novo nas Rías Baixas, no Val do Salnés, a partir dun viñedo familiar en Barro. Con Gorgola puxeron burbullas ás cepas de albariño. Nova elaboración e continuidade xeracional.

Os viños espumantes atopan bos aliados na calidade das variedades de uva galegas e na nosa condición atlántica. A experiencia, aínda breve, irá achegando avances, como xa se ve neste viño. Faise co método tradicional ou “champenoise”, o utilizado na afamada zona francesa de espumantes, Champagne. Provócase unha segunda fermentación do viño dentro dunha botella reforzada, e xenera de xeito natural as frescas e características burbullas de carbónico.

A calidade sube co tempo de crianza en rima, mínimo de 9 meses. Este brut tivo máis de 26 meses de crianza. Hai calidade.

  • DENOMINACIÓN DE ORIXE: D.O. RÍAS BAIXAS
  • ANO: 2019
  • ADEGA: CABANA DAS BOLBORETAS, S.L.
  • CONCELLO: BARRO
  • VARIEDADE DE UVA: ALBARIÑO
  • GRAO ALCÓLICO: 12.5%
  • ELABORACIÓN: MÉTODO TRADICIONAL. CRIANZA EN RIMA DE 26 MESES. DEGOLADO NO OUTONO DE 2022. BRUT NATUREF
Reseñas de los clientes
Reseñas solo de clientes verificados
Aún no hay reseñas. Puede comprar este producto y ser la primera persona en dejar una reseña.
Comparte este producto con sus amigos
Górgola Brut Nature
0